A principios de outubro, a Fundación celebró o "De Vella Bella Fest", un emotivo e enriquecedor encontro comunitario e interxeracional en Galicia. Un grupo de activistas, profesionais da intervención social e usuarias da entidade reuníronse para reflexionar sobre os retos do envellecemento no colectivo LGTBIQ+, a memoria histórica e a importancia das loitas transversais.
Durante a xornada, moderada por Paco Novo, traballador social da Fundación en Galicia, as persoas participantes compartiron as súas traxectorias vitais, visibilizando a pluralidade de realidades que atravesan as maiores. O espazo serviu para abordar como o fenómeno coñecido como o "estrés das minorías" impacta no proceso de facerse maior dentro da comunidade LGTBIQ+, onde o idadeísmo adoita manifestarse a idades máis temperás —a partir dos 50 anos— en comparación co conxunto da sociedade.
Transversalidade e superación de estereotipos
Un dos puntos clave do debate foi a necesidade de construir alianzas e entender a identidade desde a interseccionalidade. Tal como se destacou nas intervencións, as persoas non responden a unha soa etiqueta. A as capas da diversidade afectivo-sexual e de xénero súmanse as reivindicacións sindicais, feministas, veciñais e o dereito a unha vivenda digna.
Exemplo desta sinerxia foi a participación de aliadas heterosexuais integradas en iniciativas culturais do colectivo, como o Coro Cuir de Pontevedra, así como de docentes, profesionais sanitarias, artistas e migrantes xubiladas que aportaron os seus testemuños de vida e compromiso asociativo.
Así mesmo, recordouse o significado histórico que dá nome á Fundación 26 de Decembro, data de 1978 na que se modificou a Lei de Perigosidade Social para deixar de encarcelar ás persoas pola súa orientación ou identidade sexual, un fito fundamental na reconquista dos dereitos civís en España.
Arquivo de Memorias Afectivas: máis alá do estigma
Frente ás narrativas tradicionais, centradas unicamente no sufrimento e a marginación histórica, a Fundación reivindicou proxectos emblemáticos como o seu 'Arquivo de Memorias Afectivas'. Esta iniciativa busca dar a volta ao relato mediático habitual para dignificar a historia de vida das persoas maiores LGTBIQ+, poñendo o foco nos afectos, a resiliencia, a creatividade e a alegría de vivir.
O encontro concluíu co compromiso de seguir tecendo redes comunitarias por toda a xeografía estatal, impulsando a formación, a investigación social e a atención integral para asegurar que envellecer con orgullo e dignidade sexa unha realidade garantida para todas e todos.




