Skip to Content

A Fundación 26 de Decembro participou na manifestación do Orgullo da Coruña

8 de xullo de 2026 by
Fundación 26 de Diciembre, Isabel Salcedo Quiroga

O pasado domingo 28 de xuño, como peche á xornada de celebración do Orgullo na cidade de A Coruña, participamos na manifestación que percorreu as rúas da Coruña xunto a milleiros de persoas e entidades comprometidas coa defensa dos dereitos das persoas LGTBIQ+.

Fixémolo coa nosa propia pancarta, baixo o lema "A alegría de existir sen pedir permiso", unha mensaxe que reivindica o dereito de todas as persoas a vivir con liberdade, dignidade e autenticidade, sen medo nin discriminación.

A nosa presenza nesta mobilización responde ao compromiso da Fundación 26 de Decembro coa defensa dos dereitos das persoas LGTBIQ+, especialmente das persoas maiores e doutras persoas en situación de vulnerabilidade. O Orgullo é unha celebración da diversidade, pero tamén un espazo de memoria, visibilidade e reivindicación, no que seguimos reclamando unha sociedade máis xusta, igualitaria e inclusiva.

Grazas a todas as persoas que camiñastes connosco nun día tan especial. Seguiremos traballando para que a alegría de existir non teña que pedir nunca permiso.


A Alegría de existir sen pedir permiso
La Fundación sale a las calles para poner en el centro a las personas mayores LGTBIQ+