Visita sede Corufest
Gustaríache vir visitar a sede de Corufest?
Corufest é o festival de artes escénicas LGBTQ+ da Coruña, dedicado á programación de eventos que dan visibilidade á liberdade sexual e de xénero e serven como espazo para a reflexión, o diálogo cultural e a inclusión social.
Corufest non só presume dun forte enfoque nas cuestións sociais, senón que tamén mantén un alto nivel de rigor artístico. Mira tanto cara a dentro, cara á comunidade gallega, que ten unha presenza significativa nas artes escénicas en canto á diversidade, como cara a fóra, cara ao panorama nacional máis amplo, onde se producen actuacións de gran valor social e artístico.
Se tes curiosidade por coñecer o espazo de traballo do Corufest acompáñanos o próximo xoves día 16. Compartiremos un momento para coñecer de perto o traballo que realizan na súa sede da man do seu responsable e todos os proxectos que desenvolven.
Vémonos na Escola ON de Artes Escénicas en Marcela e Elisa 2, na Coruña
Rexistrarse de balde